6 dic. 2010

Plataforma Queremos Morrasense!

 

O idioma é para a inmensa maioría das galegas e dos galegos un patrimonio propio, único, insubstituíbel. Sentimos o galego como algo noso, independentemente da lingua que empreguemos no noso día a día. É a nosa creación máis valiosa e perténcenos.

Dende Terras do Morrazo facemos nosa esta introdución ó manifesto "Queremos galego" para reflexionar sobre o papel do galego na comarca d'O Morrazo, ou como nós lle chamamos: Morrasense. Os nosos avós e avoas, as nosos pais e nais falan en galego, pensan en galego, viven en galego; e ese galego chegou ata nós pasado polo filtro deste territorio barco que lle chaman O Morrazo. A unión do galego e desta comarca deu lugar a unha dialectoloxía, fonética e gramática propia, da que todos e todas debemos sentirnos orgullosas de coñecelo e falalo. Temos que rachar coas preguizas que nos fan sentir vergoña de falar no idioma que é noso: o morrasense.

A gheada e o seseo non son unha vergoña, son a mostra total da riqueza desta zona.

Xente xoven d'O Morrazo, revoltádevos! rachade cos usos herdados dos adultos, o galego ten futuro como idioma universal e como medio de comunicación co mundo, e aínda máis coa nosa aportación tan necesaria para darlle ó galego esa riqueza léxica.

Porque no Morrazo dicimos "peix" e non "peixe.
Porque para nós ver e mirar a mesma cousa son.
Porque nós collemos masáns da masanseira e non mazás da maceira.

Porque a lingua e a terra son dúas cousas que non se poden rachar e que ficarán sempre unidas.

Queremos morrasense!
Queremos galego!

Enlaces: Plataforma Queremos Galego

3 comentarios:

  1. unha wikileaks pra cangas xa.hai material clasificado dabondo.mais dun xa se esta a encomendar a todos los santos que hai na casa das novenas.

    ResponderEliminar
  2. jajajajaja Morraçoleaks

    ResponderEliminar
  3. as cies, foron usurpadas por vigo eso si.pero perteñecen a cangas, e falo con datos, si non consulta os arquivos no museo de pontevedra.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.