PERSOEIROS


Que sería das nosas vilas sen os entrañables persoeiros que as caracterisan, dende aquí unha homenaxe a eles!

Se desexas engadir algún debes deixar un comentario co seu nome ou alcume, descripción e lugar (Moaña, Bueu, Cangas..)

CANGAS
Aghilidá: Descrito á perfección no seguinte artigo escrito por Antonio Ojea en vigoempresa.com

Lo recuerdo sentado a la puerta de la peluquería próxima al puerto de Cangas y reposando la mitad inferior de su volumen sobre dos banquetas y el resto en un elaborado escorzo compuesto con las manos apoyadas sobre las rodillas. Se pasaba horas moviendo casi únicamente la cabeza, del frente a un lado, sin sobrepasar nunca los 90 grados de giro de aquel imponente cuello, para atender la tertulia de la barbería, o para responder a algún transeúnte:
 
-- ¡Aghilidá!, din que vai chover, …
--Bueeeno, a xente fala moito... 
Sólo en O Morrazo se puede llamar “Agilidad” a quien casi ni se mueve y que ello no resulte un insulto.

Bochechón: Lois Pena. Alcalde socialista de Cangas a finais dos 80. Foron coñecidas as movilizacións de Cangas, que conseguiron botalo, pasando a vila a ser noticia nacional. O pobo estaba en contra da aparición do imposto contributivo, pois a comarca estaba sumida nunha crise pesqueira. O alcume venlle das bochechas tan ben feitiñas que ten. "Bochechón go home" (pintada lexendaria na Pedra Alta). Clica para ampliar datos e ver máis afotos


Carola dos Cans: Tamén coñesida como Sefa ou Chefa, unha punki en toda regra. Cóntase que unha ves atoupou unha fortuna nunha bota. Todo nos será desvelado no seguinte video, cedido polos compañeiros de VIA televisión.




Sonia: Deixounos. Ver informasión Aquí
 

Moncho / o jabalí / o leñador: Home da defunta Sonia, nunha ocasión levou un jato de paseo darrastro pola alameda de cangas.. obviamente o jato pasaba del...

Vladimir/O Capitán: de ruta por Cangas coa súa gorra mariñeira, estaba no meu pedestal ata o momento que o vin na excolexiata buscando nun bidón..quero pensar que lle caiu algo, aínda así ten unha carisma e dureza especiais que o fan único.

O Castellano: vello que se lle recoñece a distancia polas suas vestimentas de cores e luces, moitas veces leva unha cuncha de vieira colgada do pescoso, anda sempre cuns bastons moi simpáticos. Pasea moito dende a Pedra Alta ata a casa da Bola.  Para máis informasión: Ocioloxía, "a segunda peor rúa do mundo"

O Birutas: coxo cunha pata de pau que vive polas rúas de arriba.

A Maruja/Marujiña/A Chiviñas: Siñora que vivía na "casa dos pobres"enfronte ó colexio da Compañía de María. Unha muller que anda sempre cunha muleta e baixa todolos días co seu can para a casa da bola en Cangas, esa muller que ameniza as horas de escola cos seus berros e coas suas cancións e hinos fubolísticos (é do Barça) ou co seu jorro luminoso de navidá. Un dato: O can da Maruja chamase Nei. Por serto, vende rosquillas a un presio difísil de ijualar, así que xa sabedes!

 O Jalbau: O cura de Darbo (non o de agora), peseteiro onde os haxa. E qué dicir da súa moto; a revolucións constantes; con escoitalo de lonxe, sabías que viña.

O Espinete e o Pichilín: Calqueira que seña de Cangas vos pode contar as súas peripecias. Seica aínda están en activo.

O Roxiño do Forte:  ainda vive, é unha persoaxe moi particular. Soe andar moito polo peirao de pasaxe. O seu rasgo máis característico é que leva unha man tolleita ( revirada á altura da muñeca) e sempre a ten agarrada coa outra que ten ben. Cando eu era pequeno había que ter moito ollo con él, porque se alguén lle dicía algo, podíache dar unha man de Hostias, tolleito e todo ( nunca millor dito).

Pichirol: era un home ( xa morreu) de Cangas, encargábase da limpeza das rúas e era moi popular. Calquer cangués de 60 para arriba poderavos falar del.

O Tol: O fillo do famoso perruqueiro de Cangas "O bonito" ( xa morto). Un rapaz que seica toleou e andaba a pedir polo peirao de Vigo. Ía sempre coa roupa esmendrellada e sucia e con moitas rastas.

A Covicová: muller que aínda ostenta o título morraseiro de ''tirada de pedra doble con efecto de conacha'' a tódolos que ousaran pasar entre as escaleiras que van dende o Familia ás calles d'atrás.

Rogelio "o das Ovellas": persoeiro onde os houbera que tiña un extraño don, era capas de preghuntarche só a hora e terte toda a tarde de lareta. Sempre agardaba polas calles de atrás do Familia a pobres víctimas que caeran no seu hipnótico laretar. Sospeitase que nunca colleu un peite e apesares de non ter traballo coñesido, unha vez finado, a Ghuardia Sivil atopou un milleiro de cartos debaixo do colchón.

O Vilas: Moreno e con barba, sempre aparesía cando había orquesta pois justáballe subir ó palco a tocar con eles. Dise que vivía da venda de limóns axenos.

Chema ou Chemita: siñor cuxa idade sería custoso adiviñar e máis custoso aínda sería velo sen ir pros lados. Crack mediático que chama ás rapasñas cun suxerente "booolli!" Autor de frases como: ''yo muerto de tres días y aún soy mas guapo que tú''. Seica antes era un banquero que perdeu todo no casino e sempre que o busques o podes topar entre as 18 h. e as 08 h. entre o Titanic e o Tixola. 

Pepiño coeteiro: Aquel que andaba coas mans atrás e entre elas levaba un Faro.Entre as súas historias, contan que lle daba o paso ós camións que iban para a fábrica, tan ben os ghiaba que máis de un casi vai ó mar. Tamén che daba co periódico na testa!

Toñito Peta: un habitual da casa da cultura


Candidiño ou Silai: outro habitual da casa da cultura, creo que todos nos preghuntamos alghunha ves como non da caido da bici!! todo un equilibrista! e os atascos que forma de camiño a casa (da cultural a canta la rana) son bos de carallo

Chime: sempre anda na bicicleta, segun el un rolls royce, e sempre estaba cantando. Solia dicir que el ensinou a cantar a Julio Iglesias e que mais de unha vez lle ten dado unhas ostias. Curiosamente sempre cantaba as suas cancions.

Albino Capeton: o alcume ven dado porqu.e traballaba en Cape Town (Ciudad del Cabo) onde aprendeu a falar moi ben ingles. Seica lle faltaba un juevo dunha vez que viñeron os toros a Cangas e saltou o ruedou e enjancharonno.
 
MOAÑA
O Alemán do redondo: é todo un biciclista antisistema que berra mensaxes de Nunca Máis, de non á jerra, vivas á República, e consignas antipepeiras. Vai con bandeiras galegas e sempre na súa bici tuneada percorre o Morraso enteiro, de pelo branco mui limpo e ben coidado e barba tamén branca. Din que baila mui ben. O nome ven de cando estivo moitos anos en Alemania, para jañar o pan, de feito na súa casa ten a bandeira alemania pintada xunto coa galega.
Pode pararse ó teu lado e dicirche "Viva Tirán ou non?" ó que debes respostar un enérxico "viva!"

Pepiño o Cachelo: Home de Moaña que xa finou, non estaba moi ben da cabeza, Era do Cruceiro . Cando había cambio de tempo ou lúa chea baixaba á praia ou ó Con Fasendo uns arruidos moi típicos del e rompendo papeis coas súas mans. 
 


O Parrando:  falta decripsión!

O Carilo: Mudo orixinario da Bouza ó que lle encantaban as mulleres, toleaba por calquera muller, sacaba do seu peto unha libretiña e un bolíghrafo e debuxábanas a todas, mentres lles metía man se tiña ocasión

Manoliño Cou Cou: falta decripsión!


BUEU
O Chicho: personaxe afamado na zona buenense por pasar pola pedra a 3500 mulleres cada noite, tamén coñesido por Manoliño, Chichi, Matemático, e aljún máis. Un home moi peculiar, cunha chea de frases míticas coma: "a pichola chÉjame a Sanxenxo", "teño unha colesión de tanjitas", "levo tresmilquinientassincuentaesete chavalitas" entre outras

 


O Tiramillas: É un home que pasea incansablemente polas calles de Bueu sen rumbo fixo.


MARÍN
John Balan: [wikipedia] Manuel Outeda, chamado artisticamente John Balan, nado en Seixo, en 1934 e falecido o 19 de marzo de 2008 en Pontevedra. 
Actor afeccionado, comezou a súa carreira a principios dos anos sesenta, cantando polos bares de Pontevedra e actuando ocasionalmente con orquestras. Coñeceu a fama logo de aparecer nos anos setenta en diversos programas de televisión, da man do presentador José María Íñigo. Nas súas actuacións era capaz de imitar numerosos acentos e sons distintos, polo que era coñecido como home orquestra, e aparecía comunmente disfrazado de vaqueiro, falando un falso inglés. Esa é a orixe do seu pseudónimo. Tamén improvisaba guións de filmes en base a esquemas xenéricos, entre os que figuraba a miúdo o western.
Na recta final da súa carreira profesional realizou diversas colaboracións para a Televisión de Galicia, anuncios publicitarios e traballou como animador para orquestras populares.
Enfermo de hemiplexía, pasou os seus últimos anos no asilo de anciáns de Pontevedra. Unha rúa de Marín leva o seu nome.
  

57 comentarios:

  1. o aleman do redondo en moaña

    ResponderEliminar
  2. a Karola dos cans en Canjas

    ResponderEliminar
  3. nacho ese é de vigo

    ResponderEliminar
  4. Bochechón: Lois Pena. Alcalde socialista de Cangas a finais dos 80. Foron coñecidas as movilizacións de Cangas, que conseguiron botalo, pasando a vila a ser noticia nacional. O pobo estaba en contra da aparición do imposto contributivo, pois a comarca estaba sumida nunha crise pesqueira. O alcume venlle das bochechas tan ben feitiñas que ten. "Bochechón go home" (pintada lexendaria na Pedra Alta)

    ResponderEliminar
  5. O home da bici tuneada, que por certo, fai tempo que non o vexo, que predicaba mensaxes como "Nunca máis", xunto coa súa vestimente caraterística...

    ResponderEliminar
  6. o jabali ou mais coñecido polo mozo da defunta "sonia" que en paz descanse

    ResponderEliminar
  7. morreu a zonia?? mimadriña! os do sentro de salú safaron, xa etaban asta os collons de coserlle o cu

    ResponderEliminar
  8. Zonia, unha luitadora. DEP
    http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/05/05/adios-canguesa-singular/435754.html

    ResponderEliminar
  9. o leñador (o home da difunta zonia), ou moncho, ou non sei xq máis nome se coñece :)
    e a carola, chefa, que grande chefa :)
    e despois en moaña o home da bicicleta tuneada¡¡que berra nunca máis e vai con bandeiras galegas e todo asi...
    de pelo blanco e barba...e k non me lembro do nome :)

    ResponderEliminar
  10. o capitán!!!! ke ata ghiando leva a gorra de capitán!

    ResponderEliminar
  11. en canto arranquemos a sección engadiremos todo!
    graciñas!!

    ResponderEliminar
  12. E Vilas foi outro mítico fai xa uns anos.

    ResponderEliminar
  13. Acórdome do "JANIQUELLE", o cal reaccionaba violentamente cando se lle dicía aquilo de:
    "Janiquelle borrachón, saltamuros" e tiñas que escapar correndo.

    ResponderEliminar
  14. ENGADIDOS!!
    para os que faltan pregamos...

    -nome/alcume
    -descripción
    -Lugar (Moaña, Cangas, Bueu etc.)

    ResponderEliminar
  15. La Maruja!
    A señora que vive na casa dos pobres enfronte ó colexio da Compañía de María,jaja
    Unha muller que anda sempre cunha muleta e baixa todolos días co seu can para a casa da bola en Cangas,esa muller que ameniza as horas de escola cos seus berros e coas suas cancións jaja

    ResponderEliminar
  16. Haber meus e miñas, unha de persoeiros da nosa fauna:

    "O Jalbau": O cura de Darbo (non o de agora), peseteiro onde os axa. E qué dicir da súa moto; a revolucións constantes; con escoitalo de lonxe, sabías que viña.
    "O Espinete": sen comentari...os (que ainda anda por ahí).
    "Pichilín": Outra vaca máis no millo.
    "O Roxiño do Forte"
    "Pichirol".

    ResponderEliminar
  17. O can da Maruja chamase Nei :)

    ResponderEliminar
  18. Falta a Covicová e Rogelio "o das Ovellas" XDD

    ResponderEliminar
  19. en cangas nunca nos olvideremos de Pepiño coeteiro e o Vilas

    ResponderEliminar
  20. O alemán é o mellor!!!!!!! e moi boa persona! moita xente cre q está loco, pero é a unica persoa cuerda que queda en Moaña... e o único q é kpaz de decir berdades.

    e si, baila moi ben, nas festas está sempre coa sua muller moi traxeado, e o ano pasado, en San Martiño, bailando coa muller, acercouse a min e dixome "que sorte tedes os mozos de hoxe en dia, que podedes vir a bailar e a pasalo ben, na miña época isto non se podia facer e tiñas que marchar fora para vivir ben..."

    ResponderEliminar
  21. outra vaca no millo30 de agosto de 2010, 20:30

    O Castellano, vello que se lle recoñece a distancia polas suas vestimentas de cores e luces, moitas veces leva unha cuncha de vieira colgada do pescoso, anda sempre cuns bastons moi simpaticos Pasea moito dende a Pedra Alta ata o a casa da Bola.
    O Birutas, coxo cunha pata de pau que vive polas ruas de arriba
    Rosita, pasteleira que rexentou durante moitos anos a panaderia "A de Rosita", tamen nas ruas de arriba.

    ResponderEliminar
  22. en moaña faltan:
    O PARRANDO
    O CARILO
    MANOLIÑO COU COU

    ResponderEliminar
  23. Pepiño o Cachelo. Home de Moaña que xa finou, non estaba moi ben da cabeza, Era do CRUCEIRO . Cando había cambio de tempo ou lúa chea baixaba á praia ou ó CON FACENDO UNS RUÍDOS MOI TÍPICOS DEL e rompendo papeis coas súas mans.

    ResponderEliminar
  24. ooh! non me lembraba de pepiño! sempre ía pola da miña abuela cando era pequeno.. a verdá é que me daba un pouco de medo..

    ResponderEliminar
  25. A covicová: muller que aínda ostenta o título morraseiro de ''tirada de pedra doble con efecto de conacha'' a tódolos que ousaran pasar entre as escaleiras que van dende o Familia ás calles d'atrás.

    Rogelio ''o das ovellas'': persoeiro onde os houbera que tiña un extraño don, era capas de preghuntarche só a hora e terte toda a tarde de lareta. Sempre agardaba polas calles de atrás do Familia a pobres víctimas que caeran no seu hipnótico laretar. Sospeitase que nunca colleu un peite e apesares de non ter traballo coñesido, unha vez finado, a Ghuardia Sivil atopou un milleiro de cartos debaixo do colchón.

    ResponderEliminar
  26. O Chicho, tamén coñesido por Manoliño, Chichi, Matemático, e aljún máis....
    Un home moi peculiar, cunha chea de frases míticas coma: "a pichola chejame a Sanxenxo", "teño unha colesión de tanjitas", "levo tresmilquinientassincuentaesete chavalitas"

    ResponderEliminar
  27. Chema ou Chemita: señor cuxa idade sería custoso adiviñar e máis custoso aínda sería velo sen ir pros lados. Autor de frases como: ''yo muerto de tres días y aún soy mas guapo que tú''. Seica antes era un banquero que perdeu todo no casino e sempre que o busques o podes topar entre as 18 h. e as 08 h. entre o Titanic e o Tixola.

    ResponderEliminar
  28. Un video de Manoliño!! Bueu

    http://www.youtube.com/watch?v=6Vt-FvlM_z0

    ResponderEliminar
  29. Tiramillas: Home que pasea polas calles de Bueu sen rumbo.
    Fausti: irmán de Tiramillas.

    ResponderEliminar
  30. Como prasenteiro (Os Praseres-Lourisán) teño que disir que estou totalmente dacordo con que Lourisán e Salsedo son "territorios ocupados polo imperialismo pontevedrés", como disía fai moitos anos o Subcomandante Marcos da Portela do FRELIMO(Frente de Liberasión do Morraso).

    Administrativamente somos de Pontevedra (os límites póñenos os jodechinchos!) pero culturalmente somos morrasenses: temos o açento de Marín; e emosionalmente tamén: somos morrasenses de corasón!

    ResponderEliminar
  31. A Maruja tamén chamada A' CHIVIÑAS, alcume herdado do seu home, persoeiro tamen moi coñecido.

    O Capitán, ou Vladimir.

    Ninguén se acorda de Pepiño Coeteiro? Aquel que andaba coas mans atrás e entre elas levaba un Faro.Entre as súas historias, contan que lle daba o paso ós camións que iban para a fábrica, tan ben os ghiaba que máis de un casi vai ó mar. Tamén che daba co periódico na testa!

    ResponderEliminar
  32. faltan os de marín¡¡
    arañita ,john balan,Lucas , el judio ,Magin ...

    ResponderEliminar
  33. Deberiades facer un espazo para persoas importantes do Morrazo, a saber:
    Bernardino Graña (sempre se pode ver dando unha volta polo paseo)
    Jesus Carballo e Manuel Carballo
    David Cal
    Teresa Portela

    E seguramente moitos outros que agora se me pasan.
    Saudos!

    ResponderEliminar
  34. Toñito Peta: un habitual da casa da cultura

    Candidiño: outro habitual da casa da cultura, pero este caracterizase por ir na bicicleta a velocidade anormalmente reducida, facendo eses e bebedo e nunca cae.

    A Fermina: sempre acompañada dun pastor aleman e parece un home.

    Chime: sempre anda na bicicleta, segun el un rolls royce, e sempre estaba cantando. Solia dicir que el ensinou a cantar a Julio Iglesias e que mais de unha vez lle ten dado unhas ostias. Curiosamente sempre cantaba as suas cancions.

    Albino Capeton: o alcume ven dado porqu.e traballaba en Cape Town (Ciudad del Cabo) onde aprendeu a falar moi ben ingles. Seica lle faltaba un juevo dunha vez que viñeron os toros a Cangas e saltou o ruedou e enjancharonno,

    ResponderEliminar
  35. Uuui se poñemos persoeiros importantes sí que xa non damos abasto, pero todo se andará ;)

    entendemos que estes últimos son cangueiros non sí?

    Un saudiño e graciñas a tod@s!

    ResponderEliminar
  36. Si, estes ultimos son cangueiros. Saudos

    ResponderEliminar
  37. Candidiño, ou tamén coñesido como Silai

    ResponderEliminar
  38. En Cangas falta o Silai!creo que todos nos preghuntamos alghunha ves como non da caido da bici!!e os atascos que forma de camiño a casa(da cultural a canta la rana)son bos de carallo

    ResponderEliminar
  39. engadidos!
    a Fermina pode ser en realidade Sonia?

    ResponderEliminar
  40. CHEMA OU CHEMITA E COÑECIDO COMO "O PATATA" CHEMA CHAMANLLE AS VECES POLO SEU NOME QUE E JOSE MARIA.

    ResponderEliminar
  41. TAMEN TEMOS O CALO OUTRO PERSOAXE DA NOITE OU O MILOJAS , OUTRO FESTEIRO QUE ANDAN AS VECES XUNTOS , UN DÍA ESTANDO POLAS CALLES DARRIBA AS 9 DA MAÑÁ OIUSE UNHA MITICA FRASE PRONUNSIADA POLO PATATA CON CALO E MILOJAS DE TESTIGOS
    PATATA: OSTIA CALOE, EN QUE CALLE DE VIJO ESTAMOS
    JAJAJA
    UN SALUDO

    ResponderEliminar
  42. faltaba, o kulio. un da vella garda en cangas.coñece os bancos da alameda vella coma a palma da man,de feito durmia cada fin de seman nun diferente. dicese que entrou a traballar no concello por ser un militante moi activo da intifada contra o bochechon,as medallas parece ser que o abalan.

    ResponderEliminar
  43. do concello de cangas , tamen sei eu dun , que lle encanta levar e traer,anda ben maquillado baixo un velo de bondade, disque que anda a buscar a perfecion absoluta .a señora alcaldesa, tamen debe de saber do que falo.

    ResponderEliminar
  44. ¿pero ainda non a atopou? que raro,algo esta a fallar no centro de control.

    ResponderEliminar
  45. Pucho, O dono do Dedos e da Berga. Conocido pola sua mala ostia e por frases miticas como: "Non tedes casa, ou que!!!" "Veña hai que ir marchando que esta hai a juardia sivil". Sabdido é que en se saes en Cangas non vas para casa ata que el mande. Tamen son coñecidas as celebracions cando gana algun titulo o Barça. Intregante e amenizador da comparsa Os de sempre. Tamen gran amante do futbol do cal foi entrenador en varios clubs do morrazo, Moaña, Cruceiro, ...

    ResponderEliminar
  46. en el portal de belen han entrado los ratones, y a la ex presidenta de las fiestas del cristo le han robado los talones.ande, ande, ande la marimorena. wikileaks cangas

    ResponderEliminar
  47. dixome un que sabe moito de festas do cristo, que os talons fundironse a alta temperatura,nunha xolleria.

    ResponderEliminar
  48. falta sley de moaña e o bolechas irmán do silay,e son de coiro non de canta la rana

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.