27 jun 2010

Festas

Ajrádanos informar de que a pestaña de festas atópase en funsionamento jrasias a colaboración de xeadodetoxo.com, un apartado onde terás toda a informasión de eventos festas e consertasos da provinsia Morrasense!

FESTA E MUITA TRALLA!!



25 jun 2010

Jaspar o arroás I

Que queredes que dija Jaspar?



Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días
atrás

preme para velo

19 jun 2010

Let's go Morraso Surfin'!!!!




(Clica na imaxen para ampliar)


Aquí vos deixo o cartel da proxima pelicula surfeiro que se emitira unica e exclusivamente o proximo 7 de xullo, grabada nas mellores ondas da provinsia, os surfeiros mais valentes e ferrotes da zona enfrentandose a autenticas paredes de auga, en enclaves tan coñecidos polo gran público internasional como son Nerga Point, The Calita Breaks ou o significativo e masificado Vilarino Spot. Seica a produtora "Lands of the Big Lips", tivo a axuda de The Ball House (A Casa da Bola), Ugly's Bar (A dos feos) The Calms (As Calmositas) e The Magdalena Gas Station (Jasolinera da Madalena"

Entre os actores podemos toparnos co jrán Paco Carriola enfrentandose a unha preciosa onda en Nerga de 6 m (aprox.) cun tubo perfecto e condicións perfectas nunha bonita mañan veraniega, cos jodechinchos mirando abraiados o espectaculo do grande surfista morrasense.

Banzai!!!!

Actualisadas miles de novas palabras e espresións Morrasenses
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!

Levamos xa 427 termos
e.. en amuento

*lembrade que podedes seguir engadindo novos termos deixando un comentario no disionario, estes serán engadidos en canto nos de a virada

12 jun 2010

Exército Popular Crustáseo



Chegaronnos novas de últimisima hora! segundo fontes moi fiables e contrastadas os custráseos comandados por Pepe Nécora están a organizarse no que se deu en chamar a "Revolusión dos Croques". Parece que os entrañables bichos que serven de papeo para a xente da provinsia e que son exterminados sen discriminación polo jodechinchado no vrán cansaronse desta insostible situación para o seu povo.

As fontes consultadas afirman que os crustáseos xa tomaron os cantís de Cabo Home e estan pensando en acupar o monte do facho como base prinsipal. Parece que queren convertir a zona de Cabo Home na sua propia República Crustásea, semellante ós Territorios Lanjostinos das Illas Malvinas ou o Paraíso das Sijalas de Australia. A súa ideoloxía non está nada clara, só se sabe que teñen unha cousa moi clara: ¡¡O único crustaseo vermello que nos justa é o sosialista, non o cosido!!"

Estaremos atentos a posibles movementos desta revolta popular crustásea. O que está claro que non llo porán nada fasil ós invasores que intenten metelos nunha pota e pechar a testa.

Sejiremos informando!

Jaspar o arroás

10 jun 2010

Identifisicasion Provinsial



E ti? non tes xa o teu DMI?
con este documento evitarás paghar a peaxe para jodechinchos que colocaremos en Rande tendo ademáis suculentos descontos nas tendas e nejosios da provinsia

9 jun 2010

Capitán Pescanova




Os arroases o votan, os de Nasaré tamén.. por que non te unes ti tamén? Marino Abalo para a Autoridade Portuaria!

MENOS RECHEOS NA RÍA
E MÁIS
RECHEOS NOS CUBATAS!!!

Nasionalismo Morrasense





Recuperemos a soberania nos territorios de Síes e Tambo, así como de Vilaboa, Salsedo e Lourisán. Fóra o invasor Vijés e Pontevedrés do Morraso. Morraso Seibe e furancheiro!!!!

8 jun 2010

DISIONARIO



Camaradas Morrasenses, comunicámosvos que o disionario atópaste en fase de constante actualización, acabamos de engadir os novos termos. Xa sabedes, se queredes engadir algo, só tedes que deixalo nun comentario.


Que queiran
que non
o Morraso
Provinsión!!

7 jun 2010

Selección SKA!



¿Que é iso de apoiar á "roja"?, apoia á branquinegra para o Mundial de Fútbol do ano 2026!!! Non se pode prometer que seremos os campións do mundo algún día, pero cando cantemos o noso himno daremolo todo, entonando o "Alfonso da Herba", polo campos internacionais. E celebrando goles e triunfos bailando SKA!!!!

O MORRAZO É DIFERENTE




Sí, temos unha idiosincrasia e unha lingua propias, a nosa terra precisa da túa axuda para crear o Disionario da Revolusionaria Academia Morracense da Lingua. Podes engadir palabras, faladurías e espresións Morrasenses co seu significado en jodechincho

Por exemplo Javota, Pilota, Jordo da Rotonda, Jodechincho, Muxo etc.
Javota/javiota: Pásaro jrande que che rouba o bocata e come dos cubos da basura

Precisamos da túa colaborasión!
Morrazo 5ª Provinsia, dende as Cíes ata a Illa dos Ratos!

6 jun 2010

Discurso de inajurasión!!!


Señoras e Señores!! Ladies and Gentlemen!! Ghichos e Ghichas!!


Dende o Morrazo máis profundo e furancheiro nace "Terras do Morrazo", o blogue contrainformativo máis revolusionario, retranqueiro e festeiro da Provinsia!

Non somos unha secta, nin unha ONG, non imos pedirche cartos para salvar o can de palleiro, nin pedir o teu voto para o partido republicano, non che imos a encher os buzons de publicidade e inda menos cobrarche por navegar pola nosa paxina... O que si ofrecemos son intres de retranca 100% saudable que farán que te escaralles a rir xunto coa familia, os amighos, os non tan amighos, o mozo, a moza, a panadeira, o do estanco, a caixeira do super, o que o outro dia che pediu a hora, co que te tropezache no ascensor, co can do veciño que non che deixa durmir... enfin, iso xa é decision tua!!

En breves arrancamos os motores de arrastre desta nave furtiva! estade atentos!