10 ago 2010

A sensación en Cangas e Meira de abaixo!


(Preme na imaxen para ver en grande)


Que temble A Fiore! O chiringo de Rodeira e tódolos sitios donde vendan xeados!!! aqui chega Terras do Morrazo co seu novo sabor a MUXO!! Muxos frescos pescados no pantalán de Mar de Ons (a lancha) e no peirao de Meira, cheira que da ghusto!!! e aghora cun 20% máis de maghas para o teu desfrute!
Seghundo o disionario morrasense o arradio é un invento para escuitar os partidos do Selta ou do Cruseiro do Hío os dominjos pola tarde*

 *tamén serve para escuitarnos na Radio Galega hox ás 16:15 máis ou menos

5 ago 2010

Xa estamos no sarao!!!


(Preme na imaxe para vela en grande)

Terras do Morrazo nos medios de comunicasión!! De aquí ó Sálvame Deluxe!! Moitas gracias ós compañeiros da "Vos de Jalisia" por esta oportunidade de promosionar a nosa terra, cultura e fala por Ghalisia adiante.  Para preservar o noso anonimato (aínda que ahí salghan os nosos nomes reais) e evitar que as rapazas nos acosan pola rúa tivemos que recurrir ó vello truco da cara tapada, excepto para a ghuapa Melu, claro. Se queredes podedes ler online os artigos nas seguintes diresións:


3 ago 2010


Fronte o tremendo aluvión de colaborasións que fasedes para o disionario vémonos obrighados a faser un redeseño para clasificar o engadido ata o de agora en palabras, topónimos, espresións e frases feitas, ghramática e alcumes (en construsión)

Queda desta forma cambiado o nome a Morrasense-Jodechincho e reaberto o disinario dunha forma máis bunita e ordeada. Lembrade que podedes seghir colaborando tamén nas novas seccións porque sodes vós, quen fasedes o disionario. Graciñas




Terras do Morrazo