27 jun 2010
25 jun 2010
Jaspar o arroás I
Que queredes que dija Jaspar?

Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días atrás
preme para velo
Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días atrás
preme para velo
19 jun 2010
Let's go Morraso Surfin'!!!!
(Clica na imaxen para ampliar)
Aquí vos deixo o cartel da proxima pelicula surfeiro que se emitira unica e exclusivamente o proximo 7 de xullo, grabada nas mellores ondas da provinsia, os surfeiros mais valentes e ferrotes da zona enfrentandose a autenticas paredes de auga, en enclaves tan coñecidos polo gran público internasional como son Nerga Point, The Calita Breaks ou o significativo e masificado Vilarino Spot. Seica a produtora "Lands of the Big Lips", tivo a axuda de The Ball House (A Casa da Bola), Ugly's Bar (A dos feos) The Calms (As Calmositas) e The Magdalena Gas Station (Jasolinera da Madalena"
Entre os actores podemos toparnos co jrán Paco Carriola enfrentandose a unha preciosa onda en Nerga de 6 m (aprox.) cun tubo perfecto e condicións perfectas nunha bonita mañan veraniega, cos jodechinchos mirando abraiados o espectaculo do grande surfista morrasense.
Banzai!!!!
Actualisadas miles de novas palabras e espresións Morrasenses
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!
Levamos xa 427 termos
e.. en amuento
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!
Levamos xa 427 termos
e.. en amuento
*lembrade que podedes seguir engadindo novos termos deixando un comentario no disionario, estes serán engadidos en canto nos de a virada
12 jun 2010
Exército Popular Crustáseo
Chegaronnos novas de últimisima hora! segundo fontes moi fiables e contrastadas os custráseos comandados por Pepe Nécora están a organizarse no que se deu en chamar a "Revolusión dos Croques". Parece que os entrañables bichos que serven de papeo para a xente da provinsia e que son exterminados sen discriminación polo jodechinchado no vrán cansaronse desta insostible situación para o seu povo.
As fontes consultadas afirman que os crustáseos xa tomaron os cantís de Cabo Home e estan pensando en acupar o monte do facho como base prinsipal. Parece que queren convertir a zona de Cabo Home na sua propia República Crustásea, semellante ós Territorios Lanjostinos das Illas Malvinas ou o Paraíso das Sijalas de Australia. A súa ideoloxía non está nada clara, só se sabe que teñen unha cousa moi clara: ¡¡O único crustaseo vermello que nos justa é o sosialista, non o cosido!!"
Estaremos atentos a posibles movementos desta revolta popular crustásea. O que está claro que non llo porán nada fasil ós invasores que intenten metelos nunha pota e pechar a testa.
Sejiremos informando!



