25 jul 2010

"Fronte ao mar" - Calros Solla


"Fronte ao mar" é un dos poemas do novo traballo de Calros Solla "Pan prós crocodilos", o cal como xa vos informamos na sección de Festas (en colaboración con xeadodetoxo.com) foi presentado esta tarde ás 20:30 horas no SalaSon en Cangas. O poema sería, según o propio autor, unha "ousadía para o Himno do Antigo Reino da Galiza".


Dende Terras do Morrazo queremos darlle as gracias de corazón a Calros Solla por darnos o seu consentimento para publicar este poema, sen dúbida un novo agasallo que nos fai o autor coas suas verbas

"Fronte ao mar" - Calros Solla

Fronte ao mar,
reverdece o eido de meus pais.
Fronte ao mar,
a vizosa herdade do meu lar.

Ergue o sol
a mornura dun nidio alborexar.
Escoita o son
do vento que zoa no cordal,
a rexa voz
dos que non adiarán o caminhar.

A Terra fía en min a doa dun cantar,
semente para o manhá.
Foxen as sombras do val.
Benia o noso pobo
que non calará.

A continuación deixámosvos o himno, por se queredes coma nos cantar esta tan fermosa letra:


6 comentarios:

  1. A letra é pegadiza e emociona, non hai imaxes da prsentación?

    ResponderEliminar
  2. Sentímolo pero non dispoñemos delas..
    Un saudiño!!

    ResponderEliminar
  3. o poema mui bonito e o antigo reino de Galiza tamén, pero por favor, a próxima vez que poñades unha canción con gaitas que sean galegas e non os híbridos de merda da puta banda de Ourense, que máis que unha banda parese un circo facendo malabares cos tambores de lata eses.

    NON AS GAITAS DE MERDA ESAS!!!! SÍ AS GALEGAS!!

    ResponderEliminar
  4. É que é un post subensionado pola diputasión
    agradesemos comprensión

    ResponderEliminar
  5. O poema ten sentimento, haino que facer oficial. Onte cantámolo na casa e outros temas para festexar a chegada duns familiares de venezuela que se emocionaron moito.

    ResponderEliminar
  6. Polo que sei este estudioso de Cercedo leva vinte anos recollendo materiais de cultura tradicional daquela zona, ten moitos libros publicados e eu asistín a unha excursi´´on polo monte Seixo. Un traballo grande e calado sen recoñecemento. Os de Cercedo son uns desagradecidos.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.