18 sept 2010

A derradeira moda para poñer no coche!!

Nos demos de conta de que nos facía falta unha identificación especial para o auto-carro cando vamos por ahí de leria. Cando esteas en Cuspedriños de Arriba e te queras sentir orgulloso da tua procedencia morracense, presentamos....

¡¡AS PEGATINAS PARA O COCHE DO MORRAZO!!

Son de libre descarga e impresión, podes imprimir mil e regalalas por ahí, podes forrarte de pegatinas a ti mesmo, podes transformar a tua chalana na envexa dos vigheses!!

TOTALMENTE DE BALDE!! e en catro cores diferentes!







Para DESCARGAR AS PEGATINAS PREME NO SEGUINTE ENLACE


Comprimidas nun cómodo .RAR e en formato PDF, só hai que elexir un bo papel de peghatina, darlle a imprimir e listo! E por favor, como nos enteremos que alguén vende estas pegatinas, imolo exiliar á illa dos ratos, para que só se poda alimentar de gaivotas! Un saúdo revolusionario!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.