27 jun 2010
25 jun 2010
Jaspar o arroás I
Que queredes que dija Jaspar?

Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días atrás
preme para velo
Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días atrás
preme para velo
19 jun 2010
Let's go Morraso Surfin'!!!!
(Clica na imaxen para ampliar)
Aquí vos deixo o cartel da proxima pelicula surfeiro que se emitira unica e exclusivamente o proximo 7 de xullo, grabada nas mellores ondas da provinsia, os surfeiros mais valentes e ferrotes da zona enfrentandose a autenticas paredes de auga, en enclaves tan coñecidos polo gran público internasional como son Nerga Point, The Calita Breaks ou o significativo e masificado Vilarino Spot. Seica a produtora "Lands of the Big Lips", tivo a axuda de The Ball House (A Casa da Bola), Ugly's Bar (A dos feos) The Calms (As Calmositas) e The Magdalena Gas Station (Jasolinera da Madalena"
Entre os actores podemos toparnos co jrán Paco Carriola enfrentandose a unha preciosa onda en Nerga de 6 m (aprox.) cun tubo perfecto e condicións perfectas nunha bonita mañan veraniega, cos jodechinchos mirando abraiados o espectaculo do grande surfista morrasense.
Banzai!!!!
Actualisadas miles de novas palabras e espresións Morrasenses
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!
Levamos xa 427 termos
e.. en amuento
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!
Levamos xa 427 termos
e.. en amuento
*lembrade que podedes seguir engadindo novos termos deixando un comentario no disionario, estes serán engadidos en canto nos de a virada
12 jun 2010
Exército Popular Crustáseo
Chegaronnos novas de últimisima hora! segundo fontes moi fiables e contrastadas os custráseos comandados por Pepe Nécora están a organizarse no que se deu en chamar a "Revolusión dos Croques". Parece que os entrañables bichos que serven de papeo para a xente da provinsia e que son exterminados sen discriminación polo jodechinchado no vrán cansaronse desta insostible situación para o seu povo.
As fontes consultadas afirman que os crustáseos xa tomaron os cantís de Cabo Home e estan pensando en acupar o monte do facho como base prinsipal. Parece que queren convertir a zona de Cabo Home na sua propia República Crustásea, semellante ós Territorios Lanjostinos das Illas Malvinas ou o Paraíso das Sijalas de Australia. A súa ideoloxía non está nada clara, só se sabe que teñen unha cousa moi clara: ¡¡O único crustaseo vermello que nos justa é o sosialista, non o cosido!!"
Estaremos atentos a posibles movementos desta revolta popular crustásea. O que está claro que non llo porán nada fasil ós invasores que intenten metelos nunha pota e pechar a testa.
Sejiremos informando!
10 jun 2010
9 jun 2010
Capitán Pescanova
Os arroases o votan, os de Nasaré tamén.. por que non te unes ti tamén? Marino Abalo para a Autoridade Portuaria!
MENOS RECHEOS NA RÍA
E MÁIS
RECHEOS NOS CUBATAS!!!
8 jun 2010
DISIONARIO
7 jun 2010
Selección SKA!

¿Que é iso de apoiar á "roja"?, apoia á branquinegra para o Mundial de Fútbol do ano 2026!!! Non se pode prometer que seremos os campións do mundo algún día, pero cando cantemos o noso himno daremolo todo, entonando o "Alfonso da Herba", polo campos internacionais. E celebrando goles e triunfos bailando SKA!!!!
O MORRAZO É DIFERENTE
Sí, temos unha idiosincrasia e unha lingua propias, a nosa terra precisa da túa axuda para crear o Disionario da Revolusionaria Academia Morracense da Lingua. Podes engadir palabras, faladurías e espresións Morrasenses co seu significado en jodechincho
Por exemplo Javota, Pilota, Jordo da Rotonda, Jodechincho, Muxo etc.
Javota/javiota: Pásaro jrande que che rouba o bocata e come dos cubos da basura
Precisamos da túa colaborasión!
Morrazo 5ª Provinsia, dende as Cíes ata a Illa dos Ratos!
6 jun 2010
Discurso de inajurasión!!!
Señoras e Señores!! Ladies and Gentlemen!! Ghichos e Ghichas!!
Dende o Morrazo máis profundo e furancheiro nace "Terras do Morrazo", o blogue contrainformativo máis revolusionario, retranqueiro e festeiro da Provinsia!
Non somos unha secta, nin unha ONG, non imos pedirche cartos para salvar o can de palleiro, nin pedir o teu voto para o partido republicano, non che imos a encher os buzons de publicidade e inda menos cobrarche por navegar pola nosa paxina... O que si ofrecemos son intres de retranca 100% saudable que farán que te escaralles a rir xunto coa familia, os amighos, os non tan amighos, o mozo, a moza, a panadeira, o do estanco, a caixeira do super, o que o outro dia che pediu a hora, co que te tropezache no ascensor, co can do veciño que non che deixa durmir... enfin, iso xa é decision tua!!
En breves arrancamos os motores de arrastre desta nave furtiva! estade atentos!