27 jul. 2010

Donón-saurios


O que comesou como un parque temático con actividades para jodechinchos rematará por enjulilos con patacas. Unha aventura emosionante chea de donón-saurios que rematará nunha vía rápida sen escapatoria posible. Dos creadores de Surfin'oHio e Parque Xeriátrico.. DONÓN PARK!!!





Nos millores sines da Provinsia!


25 jul. 2010

Jaspar IV

"Fronte ao mar" - Calros Solla


"Fronte ao mar" é un dos poemas do novo traballo de Calros Solla "Pan prós crocodilos", o cal como xa vos informamos na sección de Festas (en colaboración con xeadodetoxo.com) foi presentado esta tarde ás 20:30 horas no SalaSon en Cangas. O poema sería, según o propio autor, unha "ousadía para o Himno do Antigo Reino da Galiza".


Dende Terras do Morrazo queremos darlle as gracias de corazón a Calros Solla por darnos o seu consentimento para publicar este poema, sen dúbida un novo agasallo que nos fai o autor coas suas verbas

"Fronte ao mar" - Calros Solla

Fronte ao mar,
reverdece o eido de meus pais.
Fronte ao mar,
a vizosa herdade do meu lar.

Ergue o sol
a mornura dun nidio alborexar.
Escoita o son
do vento que zoa no cordal,
a rexa voz
dos que non adiarán o caminhar.

A Terra fía en min a doa dun cantar,
semente para o manhá.
Foxen as sombras do val.
Benia o noso pobo
que non calará.

A continuación deixámosvos o himno, por se queredes coma nos cantar esta tan fermosa letra:


16 jul. 2010

Buscamos os mellores furanchos da Provinsia Morrasense




Sabes onde hai un furancho?
Só tes que facérnolo saber e quedará engadido á guía de furanchos!

Con esta imaxe tan bunita como cutre que nos proporsionou jujel (o buscador propio da terra) botamos a andar a pestaña que contén a Grandiosa Guía de Furanchos Morrasenses, que iremos ampliando coa vosa axuda. Calquer vía de contacto é válida.

Entrar na Guía

Festa, furanchos e 5ª provinsia!!

10 jul. 2010

Salvemos ó jato de dique!



Esa gran espesie tan tan morrasense como é o "Jato de dique" está en perigo de estisión. Cada vez vense menos destes escorrejadisos felinos polos diques da provinsia. Ultimamente só se ten constansia de avistamenos de jatos de dique nas inmediasions do Faro da Borneira e no paseo maritimo da alameda nova. Todo ai que disir que dende que abriu o chino, cada vez vense menos jatos de dique; e non e por levantar sospeitas, que conste.

Queremos unha reserva natural para jatos de dique xa! por que as javotas si e eles non?

A culpa é de Corina Porro, so pensa en recheos e non lle pide a súa opinión aos mais damnificados das obras: a espesie morrasense por antonomasia, o JATO DE DIQUE.

Que corra a vos!

Salvemos ó jato de dique!
Salvem jato de dique!
Save the Dock Cat!!

9 jul. 2010

Reclamando a 5ª provinsia!


Tomade nota:
  • A provinsia do Morraso limita ó Norte coa Ría de Bueu e Marín, polo Sur coa Ría de Cangas e Moaña, polo Oeste co Oséano Atlántico e Jaspar o arroás e polo Leste linda segundo peje o vento, coa fedorenta comarca de Pontevedra.
Na imase superior vese representado o aínda por construír “Canal transfroneiriso do Morraso” que separará dunha ves por todas os territorios morrasenses do chamado jodechinchado e que constituirá unha verdadeira barreira contra eles.
  • Así mesmo, a provinsia do Morraso está constituída polos consellos de Cangas, Bueu, Marín, Moaña e Vilaboa. Tamén forman parte da provinsia as parroquias ex-pontevedresas de Lourisán e Salsedo así coma os arquipélaghos de Cíes e Ons e as illas de Tambo, dos Leprosos (San Simón) , illa dos Ratos e todas as bateas cantas haxa.


Baixo estas liñas podedes observar o novo mapa Jallejo coa correspondente distribusión provinsial:


ADIANTE COA 5ª PROVINSIA
MORRASO SEIBE E FURANCHEIRO!!!

8 jul. 2010

Terras do Morrazo estrea QR Barcode

qrcode
Terras do Morrazo estrea QR Barcode, ou o que ben sendo o mesmo, os códigos de barras de nova xerasion. Cando vexas este código de barras pasa o teu lector por riba del e resibiras informasión sobre a web.

Se ainda non sabes como consejilo fai click eiqui

5 jul. 2010






(pero NON pola Vía Rápida)


O noso xefe do departamento de audiovisuais padeceu onte nas suas propias carnes a ben chamada "ironía do Corredor do Morrazo": se corres demasiado podestes matar, e se non corres nada, tamén, pero de aburrimento. Fontes fidedignas dixeronnos que até a 1 da mañán non se comesou a mover a "Caravana do Jodechincho", quedando tamen atrapada nesa incriblemente forte rede camaradas morrasenses. Hoxe e máis forte que nunca que se escoite o berro: "PEAXE INVERSO XA!!!" "FÓRA Ó VISIÑO INVASOR!!"

3 jul. 2010

Casting morrasense!!


Podes contactar con nós a través do e-mail, do Facebook ou deixando por aquí un comentario, mesmo podes sair ó balcón e botarlle un berro, que malo será que non o escoitemos. Precisamos de xente con moita labia e ganas de festa, xente de tódalas idades, cantos máis mellor. Do salario mellor falamos por privado...

Animádevos!!