27 de dic. de 2010

PECHAMOS

En morrasense o peche non é o final, xa que se non está fechado non haberá problema para volver a entrar.

E para volverdes entrar en terras do morrazo debedes memorizar a de cabesa a seguinte dirección:


Porque seguimos grazas a tod@s vós e porque se agradece todo o apoio que nos prestades
de novo unha e mil grazas!


Terras do Morrazo

6 de dic. de 2010

Plataforma Queremos Morrasense!

 

O idioma é para a inmensa maioría das galegas e dos galegos un patrimonio propio, único, insubstituíbel. Sentimos o galego como algo noso, independentemente da lingua que empreguemos no noso día a día. É a nosa creación máis valiosa e perténcenos.

Dende Terras do Morrazo facemos nosa esta introdución ó manifesto "Queremos galego" para reflexionar sobre o papel do galego na comarca d'O Morrazo, ou como nós lle chamamos: Morrasense. Os nosos avós e avoas, as nosos pais e nais falan en galego, pensan en galego, viven en galego; e ese galego chegou ata nós pasado polo filtro deste territorio barco que lle chaman O Morrazo. A unión do galego e desta comarca deu lugar a unha dialectoloxía, fonética e gramática propia, da que todos e todas debemos sentirnos orgullosas de coñecelo e falalo. Temos que rachar coas preguizas que nos fan sentir vergoña de falar no idioma que é noso: o morrasense.

A gheada e o seseo non son unha vergoña, son a mostra total da riqueza desta zona.

Xente xoven d'O Morrazo, revoltádevos! rachade cos usos herdados dos adultos, o galego ten futuro como idioma universal e como medio de comunicación co mundo, e aínda máis coa nosa aportación tan necesaria para darlle ó galego esa riqueza léxica.

Porque no Morrazo dicimos "peix" e non "peixe.
Porque para nós ver e mirar a mesma cousa son.
Porque nós collemos masáns da masanseira e non mazás da maceira.

Porque a lingua e a terra son dúas cousas que non se poden rachar e que ficarán sempre unidas.

Queremos morrasense!
Queremos galego!

Enlaces: Plataforma Queremos Galego