27 dic 2010

PECHAMOS

En morrasense o peche non é o final, xa que se non está fechado non haberá problema para volver a entrar.

E para volverdes entrar en terras do morrazo debedes memorizar a de cabesa a seguinte dirección:


Porque seguimos grazas a tod@s vós e porque se agradece todo o apoio que nos prestades
de novo unha e mil grazas!


Terras do Morrazo

6 dic 2010

Plataforma Queremos Morrasense!

 

O idioma é para a inmensa maioría das galegas e dos galegos un patrimonio propio, único, insubstituíbel. Sentimos o galego como algo noso, independentemente da lingua que empreguemos no noso día a día. É a nosa creación máis valiosa e perténcenos.

Dende Terras do Morrazo facemos nosa esta introdución ó manifesto "Queremos galego" para reflexionar sobre o papel do galego na comarca d'O Morrazo, ou como nós lle chamamos: Morrasense. Os nosos avós e avoas, as nosos pais e nais falan en galego, pensan en galego, viven en galego; e ese galego chegou ata nós pasado polo filtro deste territorio barco que lle chaman O Morrazo. A unión do galego e desta comarca deu lugar a unha dialectoloxía, fonética e gramática propia, da que todos e todas debemos sentirnos orgullosas de coñecelo e falalo. Temos que rachar coas preguizas que nos fan sentir vergoña de falar no idioma que é noso: o morrasense.

A gheada e o seseo non son unha vergoña, son a mostra total da riqueza desta zona.

Xente xoven d'O Morrazo, revoltádevos! rachade cos usos herdados dos adultos, o galego ten futuro como idioma universal e como medio de comunicación co mundo, e aínda máis coa nosa aportación tan necesaria para darlle ó galego esa riqueza léxica.

Porque no Morrazo dicimos "peix" e non "peixe.
Porque para nós ver e mirar a mesma cousa son.
Porque nós collemos masáns da masanseira e non mazás da maceira.

Porque a lingua e a terra son dúas cousas que non se poden rachar e que ficarán sempre unidas.

Queremos morrasense!
Queremos galego!

Enlaces: Plataforma Queremos Galego

14 nov 2010

Terras de volta na Radio Galega


Aquí tendes a jrandiosa aparición do compañeiro Martín na Radio Galega defendendo a fala Morrasense!!

Podedes escuitar ó completo este repaso polos galegos do País premendo aquí

4 nov 2010

Moi util para os que nos dan a lata!

 


¿Alguén quere un niqui disto? 


Curiosidá atopada no Google:

 


10.200 resultados!! somos famosos!!! jaja

3 nov 2010

Que tres patas pa un banco!


Anque non teñamos don de falas e non sexamos ajrasiados, aquí están as tres patas deste banco que non se ajuantaría en pé sen a vosa axuda.

Nota: alghún andivo de carallada o día anterior por se non se nota...

1 nov 2010

Un GPS para que te atopes polo mundo adiante


Se pensabades que xa o virades todo nesta terra de furanchos sen fin, agora podedes conseguir este aparatiño. Á venda no teu posto habitual do aterrado, invasores ou mercadillo, segundo vivas!

E lembrade que tamén pode cantar en castejano para adaptarse ós decretos lingüísticos "la falda de la Carolina te tiene un lajarto pintado" ou dicir os topónimos en Inglés "Sing the Frog (Cantalarrana)" ou "Ohio (léase ojaio)"

*Con este especial de movilidade chejamos ás 50 entradas e subindo, graciñas a tod@s

22 oct 2010

Jordo da Redonda



Actualisasión!!






Lembra que podes enviarnos un email co afoto e o teu texto a terrasdomorrazo@gmail.com e nós encarjámonos do resto!


7 oct 2010

Terras en Via Radio


Aquí tendes a apoteósica aparición co compañeiro Martín en Vía Radio!! a disfrutala! jaja

28 sept 2010



Damos as gracias a Antonio Ojea por escribir este artigo en "vigoempresa.com"  no que conta as súas vivencias, a través do cal podemos descubrir a verdadeira orixe morrasense do termo "Bravú":

A comezos da última década do século pasado o abandeirado dos “Diplomáticos de Monte Alto”, un mozo Xurxo Souto, lanzaba urbi et orbe o seu movemento “Bravú”, co que pretendía reivindicar un bravo movemento autóctono, rescatando elementos dun exebrismo innegable, como a gheada e a temática rural orgullosa da súa orixe aplicados ao rock'n'roll.
Sempre pensei que aquela foi a forma coruñesa de lograr o “sorpasso” con respecto á vangarda que dende Vigo significou o de “la movida”, na que, segundo Antonio Rodríguez Reija (popularmente coñecido como Antón Reixa), fai un sol de carallo!, porque haiche moito “ye-ye, que de noite e de día usa jafas de sol”. Pero nacía cun pé malformado polo esquecemento (máis ben a ignorancia) de que o termo bravú tiña xa unha longa traxectoria desde que eu o coñecín, alá polos primeiros anos “sesenta”, no semilleiro de felices expresións autóctonas que é O Morrazo.

Por aqueles anos eu pasaba unhas semanas de cada verán cos meus curmáns madrileños que veraneaban nunha casiña do Forte, en Cangas do Morrazo. Aquela cuadrilla de adolescentes (noutra ocasión contareilles como coñecín entón a Julio Iglesias cando el aínda era un rapaz da cuadrilla de “los mayores”, entre os veraneantes que iamos á praia de Rodeira), en pleno espertar hormonal, aproveitaba as innumerables festas que festonean os veráns galegos, para procurarnos algo de “roce”, que para máis non daba a época.
Ás verbenas do Morrazo iamos aqueles adolescentes a bailar (por dicilo dalgunha maneira), en busca dalgunha moza que “se dese”, expresión coa que entón definiamos a aquelas que non che puñan o freo” despois de contestar afirmativamente á clásica e protocolaria pregunta “bailas?” e arrimábanse. A aquelas verbenas acudiamos os mozos da cuadrilla estival, porque polo xeral as mozas debíanse máis a un recato familiar afortunadamente xa obsoleto.
--Chejaron as de Massó...
Era como o pistoletazo de saída, porque ao “terreiro” do lugar chegaban as novas (e outras non tan novas) que acababan de rematar o seu traballo na conserveira de Massó, descabichando o peixe que logo sería enlatado, tras unha cocción que espallaba efluvios inasumibles por calquera pituitaria. As mozas, que tamén ían ás verbenas a ver se pillaban algo, antes de ir á festa pasaban por un proceso laborioso, destinado a eliminar as pestilentes propostas olfativas dos vapores do cocedero de peixe.
Imaxino que, tras unha violenta ducha que probablemente non excluía o uso do “brus” para facer máis eficaz o traballo do xabón, as mozas perfumábanse até considerar que as esencias florais lograran vencer a case indestructible pátina epidérmica deixada pola manipulación do peixe e a súa cocción. O método resultaba parcialmente exitoso: efectivamente, o cheiro a peixe incrustado na pel convertíase noutro probablemente menos tolerable, consistente nunha mestura indescritible do bravío conserveiro e o potente cheiro daquel perfume básico de Dana chamado Tabú.
Para unha mellor comprensión do que narro, permítome reproducir un parágrafo do blog “Que olor tiene?”, que me atopei buscando referencias a aquel perfume: “El dejo animal sigue presente, pero ensamblado con dejos de maderas y especies, entre clavo de olor y canela y con un resinoso bastante aromático entre ámbar, ámbar gris y benjuí con vainilla”.
Por se non resultase suficiente, da mesma páxina entresaco: “como anécdota, se cuenta la historia que con el fin de buscar diferenciación con los perfumes clásicos de la época, Javier Serra consiguió el apoyo del perfumista Jean Carles (famoso por creaciones hechas a Dior y Carven) y le dio instrucciones que creara un perfume intenso pensando que la mujer que lo usara diera la imagen de una prostituta”.
Supoño que, trala descrición, todos adiviñarían que ao enxeño morracense non se lle ía a escapar unha ocasión como aquela. A verdade é que, por se lograba unha de suspense, omitín voluntariamente o final daquela frase anunciadora de que a verbena se acababa de enriquecer coas mozas de Massó.
--Chejaron as de Massó, que xa cheira a bravú, --era a frase completa que indefectiblemente lanzaba alguén cunha pituitaria de maior alcance.
Pero nin o coñecemento da orixe daquel “aroma” indescritible, que resultaba de combater os restos do tufo a peixe coa sobreabundancia de perfume barato, resultaba suficiente como para non tirarnos en masa contra aquela onda de mocidade, en busca do mesmo que nós aínda que moito máis “experimentada”. A recompensa dun “lote” case garantido permitíanos asimilar os efluvios, doutro xeito inasumibles, que a proximidade a un pescozo desexado nos proporcionaban aqueles momentos nun espertar sexual irreprimible.
Pois ben, este que describo foi sempre para min o significado de “bravú”. E que o faga agora ten a desculpa de que hai unha semana os Diplomáticos celebraron o seu vixésimo aniversario, sen darse por decatados que o seu “movemento” ten as súas raíces máis ao sur de Monte Alto. Polo visto, non é o único que na Coruña nos deben aos galegos meridionais.

Vía www.vigoempresa.com, toda a información empresarial e do porto.

27 sept 2010

Pesca de baixura I


Se tedes extrañas capturas coma este exemplar de Aroski Común pescado en Cangas, podédenolas enviar a terrasdomorrazo@gmail.com para ser publicadas na sección de pesca de baixura. Serás a envidia dos teus vesiños!

25 sept 2010

Pintadas/carteis/arte enxebre morrasense. Parte I - O aghlomerado


Da serie Carteis Épicos Morracenese hoxe traémos un épico cartel topado nunha rúa canguesa polos linces de galiciaenfotos.com, e a verdade non sabemos o que máis choca do cartel, se os "20 capachos de aglomerado"  ou que estea escrito en castelán, como se o señor "conselleiro" de servizos non entendera ben o galego.

18 sept 2010

A derradeira moda para poñer no coche!!

Nos demos de conta de que nos facía falta unha identificación especial para o auto-carro cando vamos por ahí de leria. Cando esteas en Cuspedriños de Arriba e te queras sentir orgulloso da tua procedencia morracense, presentamos....

¡¡AS PEGATINAS PARA O COCHE DO MORRAZO!!

Son de libre descarga e impresión, podes imprimir mil e regalalas por ahí, podes forrarte de pegatinas a ti mesmo, podes transformar a tua chalana na envexa dos vigheses!!

TOTALMENTE DE BALDE!! e en catro cores diferentes!







Para DESCARGAR AS PEGATINAS PREME NO SEGUINTE ENLACE


Comprimidas nun cómodo .RAR e en formato PDF, só hai que elexir un bo papel de peghatina, darlle a imprimir e listo! E por favor, como nos enteremos que alguén vende estas pegatinas, imolo exiliar á illa dos ratos, para que só se poda alimentar de gaivotas! Un saúdo revolusionario!

14 sept 2010

The Morrazo is ON FIREEE!!!!







Explicación da imaxe:

Una mujer de Cangas, imputada por tener 70 detonadores en casa


Coidado cando andedes nadando polo Mar de Cangas e Moaña, ou no de Marín e Bueu.... en calquiera momento, BOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOM!!!!!!!!!!!!!!!! (E algún "jrasiosillo" diría "Ou vai ou rebenta!!!")

13 sept 2010

No pregón

Temos que agradecer a Xosé Vázquez Pintor que se lembrase de nós no Pregón das festas do Cristo e a Atlántico Diario por recollelo:

Resumió los recuerdos de casi 40 años de convivencia feliz como un cangués más, resultando difícil decir algo de lo que no se acordase Pintor, que concluyó recurriendo ‘dende a terrasa do ontamiento’ al diccionario ‘morrasense da lingua: Xa chegaron os bichunchos do Cristo, hai que levar o rapás ao tren popof ‘, refiriéndose con ‘bichunchos’ a las atracciones de feria.

9 sept 2010

Outra de música

Espesialmente adicado @s que fóchedes o pasado 27 a Santiagho e descubríchedes que poñendo as garimbas a des ouros os cartos duran menos que un gofre no buche dunha javota. Para compensar, Terras do Morrazo tráeche a este jrupaso, con prezos populares de verdá!


Tocan ijual pero en low cost:

3 sept 2010

Nin un monte sen defender!


En colaborasión con Monte Pituco, dende Terras do Morrazo rexeitamos totalmente as novas directrices para a ordenación do territorio, nas que se elimina a denominación de protexidos para os Monte do Morrazo.

Digamolo de outro modo: se algún jodechincho vai a Cabo Home e fai un churrasco "con su salsita" e vaiselle a man e queima o monte, da ighual!! total, non somos "espesie protexida".

NON!! NIN UN MONTE SEN DEFENDER!!!!!!!

24 ago 2010

O Disionario Morrasense citado en "El País"

        Son los gallegohablantes de a pie los que dicen "jueves" y "acera", pero también los que mantienen la sintaxis propia y los que crean o adaptan los neologismos que demandan los tiempos (como se puede comprobar, y de paso partirse de risa, en la web Disionario da Revolusionaria Academia Morracense da Lingua). Los neohablantes de gallego (y los que lo han aprendido aunque no lo usen) saben que se dice "xoves" y "beirarrúa", pero en la mayoría de los casos suena como si emplearan un traductor informático del castellano.



Tamén aproveitamos para pedir disculpas por que non damos para actualisar con tanta aportasión que fasedes, irémolas engadindo pouco a pouco. Graciñas!!

23 ago 2010

XI Vilariño folc!

Fixemos parada no Vilariño Folc para achegharvos o saúdo dun ghrande nun pequeno vídeo-resumo, arrancamos desta forma a televisión provinsial:

17 ago 2010

Abrimos sección!

Abrimos sección moi espesial, a de Persoeiros do Morraso, onde podes atopar esa fauna morrasense que che di que estás de volta na vila que che viu naser. Dende aquí unha homenaxe a eles!

Se desexas engadir algún persoeiro debes deixar un comentario co seu nome ou alcume e descrisión na sección.


Comezamos cun video que ilustra perfectamente esta sección, cedido polos compañeiros de VIA televisión:

10 ago 2010

A sensación en Cangas e Meira de abaixo!


(Preme na imaxen para ver en grande)


Que temble A Fiore! O chiringo de Rodeira e tódolos sitios donde vendan xeados!!! aqui chega Terras do Morrazo co seu novo sabor a MUXO!! Muxos frescos pescados no pantalán de Mar de Ons (a lancha) e no peirao de Meira, cheira que da ghusto!!! e aghora cun 20% máis de maghas para o teu desfrute!
Seghundo o disionario morrasense o arradio é un invento para escuitar os partidos do Selta ou do Cruseiro do Hío os dominjos pola tarde*

 *tamén serve para escuitarnos na Radio Galega hox ás 16:15 máis ou menos

5 ago 2010

Xa estamos no sarao!!!


(Preme na imaxe para vela en grande)

Terras do Morrazo nos medios de comunicasión!! De aquí ó Sálvame Deluxe!! Moitas gracias ós compañeiros da "Vos de Jalisia" por esta oportunidade de promosionar a nosa terra, cultura e fala por Ghalisia adiante.  Para preservar o noso anonimato (aínda que ahí salghan os nosos nomes reais) e evitar que as rapazas nos acosan pola rúa tivemos que recurrir ó vello truco da cara tapada, excepto para a ghuapa Melu, claro. Se queredes podedes ler online os artigos nas seguintes diresións:


3 ago 2010


Fronte o tremendo aluvión de colaborasións que fasedes para o disionario vémonos obrighados a faser un redeseño para clasificar o engadido ata o de agora en palabras, topónimos, espresións e frases feitas, ghramática e alcumes (en construsión)

Queda desta forma cambiado o nome a Morrasense-Jodechincho e reaberto o disinario dunha forma máis bunita e ordeada. Lembrade que podedes seghir colaborando tamén nas novas seccións porque sodes vós, quen fasedes o disionario. Graciñas




Terras do Morrazo

27 jul 2010

Donón-saurios


O que comesou como un parque temático con actividades para jodechinchos rematará por enjulilos con patacas. Unha aventura emosionante chea de donón-saurios que rematará nunha vía rápida sen escapatoria posible. Dos creadores de Surfin'oHio e Parque Xeriátrico.. DONÓN PARK!!!





Nos millores sines da Provinsia!


25 jul 2010

Jaspar IV

"Fronte ao mar" - Calros Solla


"Fronte ao mar" é un dos poemas do novo traballo de Calros Solla "Pan prós crocodilos", o cal como xa vos informamos na sección de Festas (en colaboración con xeadodetoxo.com) foi presentado esta tarde ás 20:30 horas no SalaSon en Cangas. O poema sería, según o propio autor, unha "ousadía para o Himno do Antigo Reino da Galiza".


Dende Terras do Morrazo queremos darlle as gracias de corazón a Calros Solla por darnos o seu consentimento para publicar este poema, sen dúbida un novo agasallo que nos fai o autor coas suas verbas

"Fronte ao mar" - Calros Solla

Fronte ao mar,
reverdece o eido de meus pais.
Fronte ao mar,
a vizosa herdade do meu lar.

Ergue o sol
a mornura dun nidio alborexar.
Escoita o son
do vento que zoa no cordal,
a rexa voz
dos que non adiarán o caminhar.

A Terra fía en min a doa dun cantar,
semente para o manhá.
Foxen as sombras do val.
Benia o noso pobo
que non calará.

A continuación deixámosvos o himno, por se queredes coma nos cantar esta tan fermosa letra:


16 jul 2010

Buscamos os mellores furanchos da Provinsia Morrasense




Sabes onde hai un furancho?
Só tes que facérnolo saber e quedará engadido á guía de furanchos!

Con esta imaxe tan bunita como cutre que nos proporsionou jujel (o buscador propio da terra) botamos a andar a pestaña que contén a Grandiosa Guía de Furanchos Morrasenses, que iremos ampliando coa vosa axuda. Calquer vía de contacto é válida.

Entrar na Guía

Festa, furanchos e 5ª provinsia!!

10 jul 2010

Salvemos ó jato de dique!



Esa gran espesie tan tan morrasense como é o "Jato de dique" está en perigo de estisión. Cada vez vense menos destes escorrejadisos felinos polos diques da provinsia. Ultimamente só se ten constansia de avistamenos de jatos de dique nas inmediasions do Faro da Borneira e no paseo maritimo da alameda nova. Todo ai que disir que dende que abriu o chino, cada vez vense menos jatos de dique; e non e por levantar sospeitas, que conste.

Queremos unha reserva natural para jatos de dique xa! por que as javotas si e eles non?

A culpa é de Corina Porro, so pensa en recheos e non lle pide a súa opinión aos mais damnificados das obras: a espesie morrasense por antonomasia, o JATO DE DIQUE.

Que corra a vos!

Salvemos ó jato de dique!
Salvem jato de dique!
Save the Dock Cat!!

9 jul 2010

Reclamando a 5ª provinsia!


Tomade nota:
  • A provinsia do Morraso limita ó Norte coa Ría de Bueu e Marín, polo Sur coa Ría de Cangas e Moaña, polo Oeste co Oséano Atlántico e Jaspar o arroás e polo Leste linda segundo peje o vento, coa fedorenta comarca de Pontevedra.
Na imase superior vese representado o aínda por construír “Canal transfroneiriso do Morraso” que separará dunha ves por todas os territorios morrasenses do chamado jodechinchado e que constituirá unha verdadeira barreira contra eles.
  • Así mesmo, a provinsia do Morraso está constituída polos consellos de Cangas, Bueu, Marín, Moaña e Vilaboa. Tamén forman parte da provinsia as parroquias ex-pontevedresas de Lourisán e Salsedo así coma os arquipélaghos de Cíes e Ons e as illas de Tambo, dos Leprosos (San Simón) , illa dos Ratos e todas as bateas cantas haxa.


Baixo estas liñas podedes observar o novo mapa Jallejo coa correspondente distribusión provinsial:


ADIANTE COA 5ª PROVINSIA
MORRASO SEIBE E FURANCHEIRO!!!

8 jul 2010

Terras do Morrazo estrea QR Barcode

qrcode
Terras do Morrazo estrea QR Barcode, ou o que ben sendo o mesmo, os códigos de barras de nova xerasion. Cando vexas este código de barras pasa o teu lector por riba del e resibiras informasión sobre a web.

Se ainda non sabes como consejilo fai click eiqui

5 jul 2010






(pero NON pola Vía Rápida)


O noso xefe do departamento de audiovisuais padeceu onte nas suas propias carnes a ben chamada "ironía do Corredor do Morrazo": se corres demasiado podestes matar, e se non corres nada, tamén, pero de aburrimento. Fontes fidedignas dixeronnos que até a 1 da mañán non se comesou a mover a "Caravana do Jodechincho", quedando tamen atrapada nesa incriblemente forte rede camaradas morrasenses. Hoxe e máis forte que nunca que se escoite o berro: "PEAXE INVERSO XA!!!" "FÓRA Ó VISIÑO INVASOR!!"

3 jul 2010

Casting morrasense!!


Podes contactar con nós a través do e-mail, do Facebook ou deixando por aquí un comentario, mesmo podes sair ó balcón e botarlle un berro, que malo será que non o escoitemos. Precisamos de xente con moita labia e ganas de festa, xente de tódalas idades, cantos máis mellor. Do salario mellor falamos por privado...

Animádevos!!

27 jun 2010

Festas

Ajrádanos informar de que a pestaña de festas atópase en funsionamento jrasias a colaboración de xeadodetoxo.com, un apartado onde terás toda a informasión de eventos festas e consertasos da provinsia Morrasense!

FESTA E MUITA TRALLA!!



25 jun 2010

Jaspar o arroás I

Que queredes que dija Jaspar?



Jaspar escuitavos!!
deixádeo nun comentario e dirémoslle que o dija
como ben fixo uns días
atrás

preme para velo

19 jun 2010

Let's go Morraso Surfin'!!!!




(Clica na imaxen para ampliar)


Aquí vos deixo o cartel da proxima pelicula surfeiro que se emitira unica e exclusivamente o proximo 7 de xullo, grabada nas mellores ondas da provinsia, os surfeiros mais valentes e ferrotes da zona enfrentandose a autenticas paredes de auga, en enclaves tan coñecidos polo gran público internasional como son Nerga Point, The Calita Breaks ou o significativo e masificado Vilarino Spot. Seica a produtora "Lands of the Big Lips", tivo a axuda de The Ball House (A Casa da Bola), Ugly's Bar (A dos feos) The Calms (As Calmositas) e The Magdalena Gas Station (Jasolinera da Madalena"

Entre os actores podemos toparnos co jrán Paco Carriola enfrentandose a unha preciosa onda en Nerga de 6 m (aprox.) cun tubo perfecto e condicións perfectas nunha bonita mañan veraniega, cos jodechinchos mirando abraiados o espectaculo do grande surfista morrasense.

Banzai!!!!

Actualisadas miles de novas palabras e espresións Morrasenses
Graciñas a todos pola vosa axuda*
vádesvos a gañar unha boa furanchada!!

Levamos xa 427 termos
e.. en amuento

*lembrade que podedes seguir engadindo novos termos deixando un comentario no disionario, estes serán engadidos en canto nos de a virada

12 jun 2010

Exército Popular Crustáseo



Chegaronnos novas de últimisima hora! segundo fontes moi fiables e contrastadas os custráseos comandados por Pepe Nécora están a organizarse no que se deu en chamar a "Revolusión dos Croques". Parece que os entrañables bichos que serven de papeo para a xente da provinsia e que son exterminados sen discriminación polo jodechinchado no vrán cansaronse desta insostible situación para o seu povo.

As fontes consultadas afirman que os crustáseos xa tomaron os cantís de Cabo Home e estan pensando en acupar o monte do facho como base prinsipal. Parece que queren convertir a zona de Cabo Home na sua propia República Crustásea, semellante ós Territorios Lanjostinos das Illas Malvinas ou o Paraíso das Sijalas de Australia. A súa ideoloxía non está nada clara, só se sabe que teñen unha cousa moi clara: ¡¡O único crustaseo vermello que nos justa é o sosialista, non o cosido!!"

Estaremos atentos a posibles movementos desta revolta popular crustásea. O que está claro que non llo porán nada fasil ós invasores que intenten metelos nunha pota e pechar a testa.

Sejiremos informando!

Jaspar o arroás

10 jun 2010

Identifisicasion Provinsial



E ti? non tes xa o teu DMI?
con este documento evitarás paghar a peaxe para jodechinchos que colocaremos en Rande tendo ademáis suculentos descontos nas tendas e nejosios da provinsia

9 jun 2010

Capitán Pescanova




Os arroases o votan, os de Nasaré tamén.. por que non te unes ti tamén? Marino Abalo para a Autoridade Portuaria!

MENOS RECHEOS NA RÍA
E MÁIS
RECHEOS NOS CUBATAS!!!

Nasionalismo Morrasense





Recuperemos a soberania nos territorios de Síes e Tambo, así como de Vilaboa, Salsedo e Lourisán. Fóra o invasor Vijés e Pontevedrés do Morraso. Morraso Seibe e furancheiro!!!!