14 nov. 2010

Terras de volta na Radio Galega


Aquí tendes a jrandiosa aparición do compañeiro Martín na Radio Galega defendendo a fala Morrasense!!

Podedes escuitar ó completo este repaso polos galegos do País premendo aquí

4 nov. 2010

Moi util para os que nos dan a lata!

 


¿Alguén quere un niqui disto? 


Curiosidá atopada no Google:

 


10.200 resultados!! somos famosos!!! jaja

3 nov. 2010

Que tres patas pa un banco!


Anque non teñamos don de falas e non sexamos ajrasiados, aquí están as tres patas deste banco que non se ajuantaría en pé sen a vosa axuda.

Nota: alghún andivo de carallada o día anterior por se non se nota...

1 nov. 2010

Un GPS para que te atopes polo mundo adiante


Se pensabades que xa o virades todo nesta terra de furanchos sen fin, agora podedes conseguir este aparatiño. Á venda no teu posto habitual do aterrado, invasores ou mercadillo, segundo vivas!

E lembrade que tamén pode cantar en castejano para adaptarse ós decretos lingüísticos "la falda de la Carolina te tiene un lajarto pintado" ou dicir os topónimos en Inglés "Sing the Frog (Cantalarrana)" ou "Ohio (léase ojaio)"

*Con este especial de movilidade chejamos ás 50 entradas e subindo, graciñas a tod@s