QUENES SOMOS?

     
Dende o Morrazo máis profundo e furancheiro, feito por e para Morrasenses nace "Terras do Morrazo", o blogue contrainformativo máis revolusionario, retranqueiro e festeiro da Provinsia!

Non somos unha secta, nin unha ONG, non imos a pedirche cartos para salvar ó can de palleiro, nin pedir o teu voto para o partido republicano, non che imos a encher os buzons de publicidade e índa menos cobrarche por naveghar pola nosa páxina... O que si ofresemos son intres de retranca 100% saudable que farán que te escaralles a rir xunto coa familia, os amighos, os non tan amighos, o mozo, a moza, a panadeira, o do estanco, a caixeira do super, o que o outro día che pediu a hora, co que te tropezache no ascensor, co can do veciño que non che deixa durmir... enfin, iso xa é decision túa!!

Atopámonos en facebook, tuenti, twitter, flikr e youtube así que non dubides en buscarnos, comentar e partisipar tanto nesta web como nas redes sociais.

Para calquer cousiña ou suxerencia tendes o correo a vosa enteira disposición terrasdomorrazo@gmail.com


Arrancamos os motores d'arrastre desta nave furtiva! 
estade atent@s!

____________________

Terras do Morrazo nos medios: